Exploramos o planeta 🌍
Océanos, glaciares, mapas e xogos para entender mellor como funciona a Terra.
Material de complemento · NON entra no exame
Para que serve esta páxina?
Estes vídeos e actividades axúdanche a comprender mellor ideas que vimos na aula: a acidificación dos océanos, os glaciares, a xeoloxía do Courel e o uso de mapas.
Non se van preguntar directamente no exame, pero se os traballas terás unha visión moito máis completa do planeta.
Acidificación dos océanos
Cando queimamos combustibles fósiles, parte do CO₂ que liberamos vai parar ao océano. Neste vídeo vas ver que pasa coa auga do mar cando absorbe demasiado CO₂.
Que tes que facer?
- Ver o vídeo con calma, se é necesario dúas veces.
- Anotar no teu caderno 3 ideas clave sobre a acidificación.
- Marcar un exemplo de como isto pode afectar á vida mariña.
- Por que dicimos que o océano é como “unha esponxa de CO₂”?
- Que consecuencias pode ter para os animais con cuncha (como mexillóns ou berberechos)?
- Que relación ves entre acidificación dos océanos e cambio climático?
Os glaciares do mundo
Os glaciares son masas de xeo que se moven moi lentamente. Son como “termómetros” do clima: se se derriten demasiado rápido, algo está cambiando na temperatura do planeta.
Que tes que facer?
- Identificar no vídeo polo menos 2 funcións importantes dos glaciares.
- Escribir no caderno en que lugares do planeta hai grandes glaciares.
- Que relación hai entre glaciares e nivel do mar?
- Por que os glaciares gardan información do clima do pasado?
- Que poderiamos facer como sociedade para frear a súa perda?
Os glaciares do Courel (Galicia)
Non fai falta ir a Islandia ou aos Alpes para falar de glaciares: en Galicia tamén tivemos glaciares hai miles de anos. No Courel quedan as súas marcas na paisaxe.
Que tes que facer?
- Localizar nun mapa de Galicia onde está a serra do Courel.
- Anotar 2 formas do relevo que se explican no vídeo e que foron creadas polos antigos glaciares.
- Por que é importante estudar a xeoloxía do Courel?
- Que diferenza hai entre un glaciar actual e un glaciar “antigo” que xa desapareceu?
- Se foses guía nunha ruta polo Courel, que contarías ao teu grupo sobre os glaciares galegos?
Mares e océanos
Aqui tes unha visión máis xeral sobre mares e océanos: concentración de vida, correntes mariñas, importancia para o clima e para as persoas.
Que tes que facer?
- Anotar 3 razóns polas que os océanos son esenciais para a vida na Terra.
- Escolle unha idea do vídeo que che chamase a atención e explícaa coas túas palabras.
- Que diferenza hai entre “mar” e “océano” segundo o vídeo?
- Que pasaría se as correntes mariñas cambiasen moito pola subida de temperatura?
- Como se relaciona este vídeo coa acidificación dos océanos que xa viches?
Xogo GeoSapiens (IGN)
Agora vas xogar con GeoSapiens, un xogo do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) para aprender xeografía de forma divertida: mapas, localización de lugares, relieve...
Que tes que facer?
- Xogar a varias probas de GeoSapiens (podes probar distintos modos).
- Fixarte en como o xogo che fai usar o mapa: zoom, desprazamento, localizar puntos...
- Que che resultou máis difícil: localizar países, cidades, montañas...?
- Como che axuda un xogo como este a mellorar a túa orientación nos mapas?
- Se tiveras que deseñar unha proba nova para GeoSapiens, como sería?