Saltar navegación

ACTIVIDADE

Tarefa: Investigamos os alimentos co código de barras

Proxecto de vida saudable · Traballo en equipo · Mirada crítica sobre o que comemos

Nesta actividade imos usar produtos reais con código de barras para decidir con que frecuencia é mellor consumilos, colocarlos no prato de Harvard e analizar a súa información nutricional usando unha base de datos aberta de alimentos.

Etapa 1

Clasificamos os produtos pola frecuencia de consumo

Cada equipo ten varios produtos con código de barras (galletas, zumes, cereais, bebidas, snacks…). O voso primeiro reto é decidir con que frecuencia sería razoable consumilos.

Pasos a seguir

  1. Escribide na táboa o nome do produto e unha breve descrición (por exemplo: “galletas de cacao recheas”).
  2. Observade o tipo de alimento que é (froita, bebida azucrada, snack salgado, lácteo, etc.).
  3. Para cada produto, marcade só unha das opcións de frecuencia:
    • 1 vez/semana
    • Varias veces/semana
    • Todos os días
    • Descartar (se pensades que non debería formar parte da dieta habitual)
  4. Se un produto non encaixa en ningunha categoría saudable, poñédeo en “Descartar”.

Lenda de uso: ☐ = marcade cun ✓ a opción que consideredes mellor para ese produto

# Produto Descrición / Marca 1 vez/semana Varias veces/semana Todos os días Descartar
1
2
3
4
5

Ao final: comparade co resto do equipo. ¿Hai produtos que alguén poña en “Todos os días” e outra persoa en “1 vez/semana” ou “Descartar”? Preparade argumentos para defendervos.

Etapa 2

Organizamos os alimentos segundo o prato de Harvard

Agora imos usar o modelo do prato de Harvard para revisar se as vosas eleccións son equilibradas. Lembra que, de maneira aproximada:

  • 1/2 do prato → vexetais e froita.
  • 1/4 do prato → cereais integrais (pasta integral, arroz integral, pan integral...).
  • 1/4 do prato → proteínas saudables (legumes, peixe, ovos, froitos secos, algo de carne...).
  • Bebida principal → auga.

Pasos a seguir

  1. Elexide 4–6 produtos da táboa anterior (mellor se non están en “Descartar”).
  2. Colocade cada alimento nun dos cadrados do prato de abaixo.
  3. Se algún produto non encaixa en ningún cadrado (por exemplo, refrescos, lambonadas...), anotadeo como “fóra do prato”.
  4. Ao final, revisade se o voso “prato diario” está equilibrado ou se hai demasiados produtos dunha mesma parte.
1/2 do prato: Vexetais e froita

Escribide aquí os produtos que se poidan considerar froita ou vexetais:

1/4 do prato: Cereais (mellor integrais)

Produtos tipo pan, pasta, cereais, arroz...

1/4 do prato: Proteínas saudables

Legumes, peixe, ovos, froitos secos, carne magra...

Outros / Fóra do prato

Refrescos, lambonadas, snacks moi salgados, produtos moi procesados...

Pregunta para o equipo: Se este prato fose o voso xantar de cada día, ¿que cambiaríades para facelo máis saudable?

Etapa 3

Analizamos os alimentos co código de barras

Na última parte, imos usar o código de barras para ver información máis técnica sobre un dos produtos, empregando unha base de datos aberta de alimentos.

Pasos a seguir

  1. En equipo, escollede un dos produtos que xa analizastes (non un que estivera en “Descartar”).
  2. Usade un móbil ou tableta (do profesorado ou do centro) cunha app ou a web de referencia para buscar o produto polo seu código de barras.
  3. Buscade os seguintes datos: calorías, azucres, graxas totais, graxas saturadas, sal, fibra (se aparece).
  4. Anotade os resultados na seguinte táboa e responded ás preguntas.
Produto analizado Calorías por 100 g/ml Azucres por 100 g/ml Graxas totais / saturadas Sal por 100 g/ml Outros datos interesantes

Preguntas para pensar

  • ¿Cres que este alimento é adecuado para consumir todos os días? Explicade por que si ou por que non.
  • ¿Que é o que máis vos sorprendeu dos datos (azucre, graxa, sal...)?
  • Se tivésedes que buscar unha alternativa máis saudable, ¿que produto se vos ocorre?
Ideas de apps/web para usar co profesorado: Se non é posible escanear directamente cos dispositivos, podedes escribir o número do código de barras na web e buscar o produto manualmente.

Explora alimentos nunha base de datos aberta

Nesta xanela podes explorar Open Food Facts, unha base de datos colaborativa de alimentos. Escribe o nome dun produto ou o número do código de barras no buscador da páxina.

Se o contido non se ve ben ou non permite escribir, abrídeo nunha nova lapela co botón dereito ou pedídelle ao profesorado que vos amose a páxina nunha pantalla grande.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)