Saltar la navegación

GALEGO

Calendario de Advento · Corpo en acción

Preme na porta de cada día para descubrir o reto de actividade física e expresión corporal.

Día 1 Frozen Dance

Móvete coa música e cando pare quedas CONXELADO en postura navideña.

Día 2 Camiñar como...

Reno, boneco de neve, elfo ou Papá Noel. Cada sinal: cambias de personaxe.

Día 3 Figuras cooperativas

En grupos de 3-4 cread co corpo unha árbore de Nadal, logo un regalo.

Día 4 Percorrido expresivo

Andar, saltar, xirar e reptar por estacións, mantendo estilo navideño.

Día 5 Eco-corporal

O profe fai un xesto e o grupo repíteo como eco. Logo o alumnado.

Día 6 Xoguete articulado

Por parellas, un é o xoguete e o outro “actívao” con toques nos ombreiros, xeonllos...

Día 7 Conto en movemento

Representade co corpo unha pequena historia de Nadal contada polo profe.

Día 8 Equilibrios de árbore

Manter postura 10 s. Logo en parellas un suxeita ao outro.

Día 9 Relevos con xestos

Id e vide facendo un xesto navideño (ri, toca a barriga, salta coma elfo...).

Día 10 Estatuas cooperativas

Cando pare a música, queda quieto tocando a 2 compañeiros.

Día 11 Coreo exprés

En 5 minutos creade unha secuencia (entrada, xiro, palmada, salto) e amosádea.

Día 12 Nadal a cámara lenta

Móvete moi amodo, como se houbese moita neve.

Día 13 Puzzle corporal

O profe di “estrela / árbore / regalo” e o grupo forma esa figura.

Día 14 Transportar o adorno

Levar unha pelota/aro sen mans, só co corpo. En equipo.

Día 15 O trineo

Por parellas, arrastra ao compañeiro cunha colchoneta como se fose un trineo (moito ollo coa seguridade).

Día 16 Espellos nevados

Por parellas, un fai xestos suaves e o outro imítaos.

Día 17 Robot do Apalpador

Mover por partes (cabeza, brazos, pernas) e saudar a todos.

Día 18 Secuencia de choques

Palmas arriba, abaixo, lado, xiro e salto. Co grupo enteiro.

Día 19 Árbores musicais

Cando pare a música, postura de árbore. Quen mellor o faga propón un xesto.

Día 20 Animais do inverno

Oso polar, pingüín, foca, reno... cada sinal, animal distinto.

Día 21 Respira e pinta

Inspira grande e ao soltar debuxa no aire unha espiral co brazo.

Día 22 Pasa o adorno

En corro, pasade a pelota/aro facendo un xesto corporal cada vez.

Día 23 Mini-escena de Nadal

En grupos de 4, creade unha escena de 30 segundos  e amosádea.

Día 24 Flashmob LME

Xuntade os mellores xestos dos días anteriores e repetídeos como despedida.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)